Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Termos de Uso

Para que Hattrick cumpra coa lexislación Europea sobre tratamento de datos e privacidade, tes que aceptar os nosos Termos de Uso antes de entrar na túa conta.

Isto é só un resumo dos puntos principais dos Termos de Uso, e se hai algunha diferenza entre este texto e a versión dos Termos de Uso en Inglés, os Termos de Uso en Inglés prevalecerán.

1. Ó anotares ó Hattrick, usa os teus datos de contacto reais. Isto fai máis sinxelo a verificación da túa identidade e que che axudemos se tes problemas na páxina. O xogo limpo é moi importante para nós, e os Game Masters do Hattrick pasan moito tempo evitando e actuando sobre as trampas. Uns datos de usuario fiables axúdannos a facelo.

Se tes menos de 13 anos, aínda non podes xogar ó Hattrick. Se tes entre 13 e 16 anos, só poderás rexistrarte co permiso dos teus pais ou titores.

2. Sempre debes seguir as Regras da casa. Non debes ter máis dunha conta ó mesmo tempo. Non debes facer trampas ou tentar hackear Hattrick ou a conta doutra persoa. E non esquezas a Netiqueta, compórtate ben por favor. Non debes ameazar ou insultar a outros usuarios, nin mandarlles spam. E sempre respecta os copyrights dos demais.

3. Se non segues estas regras podes perder o teu equipo ou ser baneado do xogo por un Game Master. O teu equipo tamén será eliminado se non te conectas nun período de sete semanas.

4. Tentamos traballar dando o mellor servizo que podemos. Pero non podemos dar garantías de que o servizo estará sempre dispoñible e de que xamais haberá perdas de datos.

5. Cando metes os teus datos no noso sistema estásnos a dar o dereito para usar eses datos. Pero nos preocupamos pola vosa privacidade e seguimos as regras de privacidade da Unión Europea.

Nunca vos enviaremos spam ou permitiremos o acceso ós vosos datos por parte doutro ente non conectado con Hattrick.

De cando en vez pode que vos enviemos o noso boletín ou algún outro e-mail relacionado co xogo, como os recordatorios de contrasinal.

Usamos galletiñas ([i]cookies[/i]) na nosa páxina para que teñades unha mellor experiencia como usuarios.

Podes ler a nosa política de privacidade completa en Inglés aquí.

6. Temos metido moitos anos de traballo duro en Hattrick e esperamos que entendades que se queredes usar algo que pertence a Hattrick fóra do sitio, necesitaredes pedir permiso primeiro.

Pode que teñamos que facer trocos nos termos de uso ou na política de privacidade. Nese caso, farémosvolo saber na páxina web.

 
Server 070